Amplia experiencia en transferencia do coñecemento
A alianza entre o Grupo BioFarma da Universidade de Santiago de Compostela e ESTEVE, unha empresa farmacéutica de referencia, representa un salto cualitativo na colaboración de máis de dez anos entre ambos socios. A creación desta figura de Unidade Mixta foi unha iniciativa da Xunta de Galicia, a través da Axencia de Innovación galega (GAIN).
ESTEVE é unha empresa líder no sector farmacéutico español, cunha facturación de 813 millóns de euros e un investimento en I+D de 74,7 millóns de euros en 2016. A súa actividade empresarial está caracterizada por desenvolver modelos de innovación aberta a través do desenvolvemento de colaboracións e alianzas estratéxicas. En xaneiro do 2015, a empresa asinou unha alianza mundical con Laboratorios Mundipharma GmbH e a súa empresa asociada independente Purdue Pharmaceuticals LP, para o desenvolvemento global dunha nova xeración de medicamentos para o tratamento da dor.
O grupo de investigación BioFarma da USC, coordinado pola Doutora Mabel Loza, ten unha ampla experiencia en transferencia de coñecemento. Especialízase no descubrimento temperán de fármacos, área onde sempre traballou en colaboración coa industria farmacéutica e biotecnolóxica, converténdose nun referente internacional neste ámbito..
Dor crónica: un problema de saúde pública
A dor crónica é un dos problemas de saúde pública máis importantes hoxe en día, debido á súa prevalencia mundial e os custos económicos, sociais e psicolóxicos que implica.
TAXA DE PREVALENCIA GLOBAL
20%
(1 de cada 5 adultos padecen dor crónica)
INCIDENCIA ANUAL
10%
(1 de cada 10 adultos son diagnosticados cada ano con dor crónica)
Os nosos propósitos
Co-desenvolvemento de novos fármacos para o tratamento da dor crónica
Co-desenvolvemento de novos estudos e ensaios no campo da investigación da dor
Optimizar os procesos de I + D na farmacoloxía para garantir unha transferencia eficiente do coñecemento á sociedade
Obxectivos esperados
A Unidade Mixta ESTEVE-USC espera optimizar os procesos de investigación para acadar altos impactos económicos, científicos, tecnolóxicos, sociais e na saúde.
Os seus objectivos son os seguintes
Consolidación dun modelo de I + D en rede, no que a excelencia sexa o distintivo da estratexia utilizada para competir o máis alto nivel científico e tecnolóxico.
Xeración dun forte impacto económico, tecnolóxico, científico, social e de saúde, a través da creación de emprego altamente cualificado, proporcionando novas solucións a un serio problema de saúde pública como a dor crónica e o desenvolvemento das tecnoloxías preditivas innovadoras baseadas en biomarcadores.
Promoción da vocación científica a novos investigadores.
Incorporación de talento para acelerar os resultados de investigación.
Xeración de coñecemento biomédico multidisciplinar, centrado en novos mecanismos de acción para permitir a identificación de novas moléculas activas dentro da dor.
Promoción da innovación aberta e co-desenvolvemento, compartindo coñecementos para obter unha investigación máis eficaz e uns resultados máis rápidos.
Contacto
ENDEREZO
CIMUS Research Center
Campus Vida s/n
E-15782 Santiago de Compostela
España
TELÉFONO
(+34) 881 815 459
2014-2017
A Unidade Mixta ESTEVE-USC está cofinanciada pola Axencia Galega de Innovación da Xunta de Galicia (GAIN), dentro da convocatoria: “Subvención para organizacións de investigación en Galicia para a creación, posta en marcha e promoción de Unidades de Investigación Conxunta” da Xunta de Galicia no marco do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento – i2C.
2017-2020
A Unidade Mixta ESTEVE-USC está cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Comisión Europea.